lunes, 16 de noviembre de 2009

CANCIONS DOS AXOUXERES (1)

OS AXOUXERES SEGÚN A PÁXINA DA XUNTA: "Os Encontros dos Axóuxeres é un espectáculo para o teu bebé e para toda a familia. Axóuxeres é a primeira viaxe polas palabras para os cativos da casa. Vermiños, peixes, bolboretas e soles xa agardan por nós. Catro elementos, catro viaxes, catro transportes, catro cores, catro ritmos e catro amigos para aprendermos mil palabras. Vides ben dispostos para cantar, brincar, xogar, falar? Os Encontros dos Axóuxeres facémolos xuntos!
Da man de Eli e Totó viaxaremos en tren, en barco, en globo e tamén nunha nave espacial e así chegaremos ao monte, ao mar, ao aire e ao sol. O obxectivo é atoparmos Pope, o grande amigo de Totó do que temos noticias grazas ao señor Carteiro, un emisario simpático, cariñoso e infatigable que é capaz de repartir cartas nestes insólitos lugares.
Con ritmos de Bluegras, R&B, Soul e Gospel a música será a compañeira da viaxe que comezará en branco e negro e que, pouco a pouco, irá adquirindo e amosando unha variadísima gama de cores".

XOGOS E CANCIONS DOS AXOUXERES:

Canción e xogo do tren

CANCIÓN
Imos de viaxe
Collemos a equipaxe, ao amencer
Non sei que hei de levar
Queremos ver a Pope
e como temos moita présa
Imos ter que coller o tren!
chucu, chucu, chucu, chucu,
chuuuuuuuuuu
Chegamos ao monte.
Plantas e bechos a esgalla para ver.
As flores xa as cheirei!
Queremos ver a Pope!
e como temos moita présa
Imos ter que coller o tren!
chucu, chucu, chucu, chucu,
chuuuuuuuuuu
Alí a quen topamos?
os vermes a pasear polo campo.
Dicimos moi alto:
Queremos ver a Pope!
e como temos moita présa
Imos ter que coller o tren!
chucu, chucu, chucu, chucu,
chuuuuuuuuuu
Chimpamos e cantamos!
Xogamos e a herba mol pisamos,
a berros fortes:
Queremos ver a Pope!
e como temos moita présa
Imos ter que coller o tren!
chucu, chucu, chucu, chucu,
chuuuuuuuuuu



XOGO
Danzamos en ringleira
Pasa, Perico,
pasa, Monteiro,
polas portas
dos carabineiros.
O de diante
corre moito.
O de atrás
aí quedará.

Canción e xogo do mar


O MAR
Para coñecer o mundo
sube no meu barco.
Para ver os piratas
sube no meu barco.
Alzade as velas de cor
e poderemos navegar!
Se queres ver baleas
sube no meu barco.
Se queres ver sereas
sube no meu barco.
Retrouso:
Alzade as velas de cor
e poderemos navegar!
Con nubes de treboada
agarra ben o temón
que xa Pope está á espera
do gran barco de Totó.
Para vermos os peixiños
imos a estribor.
Para vermos mil tesouros
imos a babor.
Se veñen grandes ondas
imos a estribor.
Se sopran os tifóns
imos a babor.
(retrouso)
Xa verás, divertiraste
No meu barco




XOGO
O vexo vexo. Xogo para adiviñar cousas, persoas.
—Vexo, vexo?
—Ti que ves?
[pista: dicir a cor do que esteamos a ver]
—Vexo unha cousa… que é de cor… …que empeza pola letra… …que serve para…

Fuente: Xunta de Galicia Secretaría de política Lingüística

domingo, 15 de noviembre de 2009

DE REPARACIONES POR LA PÁGINA

HOY ME ENCONTRAIS REPARANDO Y ARREGLANDO LA PÁGINA COSA QUE ME DABA MUCHA PEREZA Y QUE SIEMPRE ESTABA DEJANDO PARA MÁS TARDE Y NO ACABABA DE HACERLO, ASÍ QUE ESTOY  INTENTANDO CAMBIAR COLORES, CON EL FIN DE QUE TODO SE LEA CORRECTAMENTE CON ESTA PLANTILLA Y SUBSTITUYENDO LOS VIDEOS QUE POR RAZONES AJENAS A MI DEJARON DE FUNCIONAR.
NOTA PARA MI MADRE: ¡¡¡YA FUNCIONA LA IGUANA, LA BRUJA LOCA Y TODO ESO!!!
je je je
nota: por hoy no me ha dado tiempo a acabar, pero os pido que si alguna entrada tiene dificultades para leer o ver algún video me hagais un comentario a la misma para ayudarme con mi tarea. Un abrazo.